MARINA

- INV:
- 47
- Dimensiones:
- 39 x 46 x 0
- Técnica:
- ÓLEO / TEA
Comentarios
Paraxe costeira, solitaria, deseñada cunha estrutura realista de contornos precisos. A formulación escenográfica da composición imprímelle certo estatismo á paisaxe, cuxo acento máis expresivo llo dá o mar, de intenso azul, iluminado por unha forte luz que provoca sombras no primeiro termo.