Ponte do Porco en Miño

- INV:
- 560
- Año de creación:
- 1930
- Dimensiones:
- 81 x 110 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
Describe a desembocadura do río Lambre na ría de Betanzos, pola Ponte do Porco. As típicas árbores das súas composicións érguense maxestuosas ata o bordo superior da tea, cun esbozo escenográfico un tanto desproporcionado co fondo. Excelente debuxante, recréase nos detalles do pobo e, cunha materia fluída pero ó mesmo tempo consistente, capta a luz e as transparencias da auga, obtendo unha suxestiva modulación de cores a base de verdes, azuis, laranxas, rosas e brancos.
Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 29
Exposiciones
"Artistas Galegos na Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Antológica MANUEL ABELENDA ZAPATA (1889-1957)". Edificio Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña. Do11 de maio ao 10 de agosto de 1998.