Gran forma a cuatro relieves y conjunto de pinchos
- INV:
- 619
- Año de creación:
- 1982
- Dimensiones:
- 114 x 160 x 0
- Técnica:
- mixta sobre lenzo
Comentarios
Sobre un fondo liso, abrancazado, superponse unha grande forma trapezoidal, con catro relevos e un mecate con pinchos negros, configurando un espacio, que foxe dos límites estrictos da pintura, no que cabe imaxinar un mar fluctuante, unha onda fósil ou unha paisaxe nova en extraño nacemento. A luz fúndese coas estrías e rugosidades da materia, obtendo delicadas gradacións da cor.Exposiciones
"Nóvoa", Antolóxica, do 18 de novembro ó 12 de decembro de 1985, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986,na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo Municipal de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988, xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo", Do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia , Santiago; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Leopoldo Novoa" Centro Galego de Arte Contemporanea. Santiago de Copmpostela. 7 de marzo ao 8 de xuño 1997.
"Leopoldo Novoa" Museo Nacional de Artes Visuales de Montevideo. 17 de xullo ao 8 de setembro 1997.