Paisaje con ovejas

- INV:
- 638
- Año de creación:
- 1950
- Dimensiones:
- 80 x 93 x 0
- Técnica:
- Óleo/Tea
Comentarios
Fiel á realidade, reproduce a natureza suxerindo a tranquilidade do campo. Todo é importante, desde unha brizna de herba ata o aire que circula pola paisaxe. Fixa súa atención nos animais e nas árbores, subliñando as cualidades tanxibles da pelaxe das ovellas e as cortezas dos carballos, facendo alarde, con gran oficio, da súa habilidade descritiva. A cor distribúese harmonicamente cunha luminosidade que domina en toda a composición.
Verdes, ocres e azuis combinanse con brancos, amarelos e encarnados.
Exposiciones
"Artistas Gallegos na Colección C.A.M.V.", do 5 ó 28 de setembro de 1986, Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro de 1988 e xaneiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo" Casa D. Hugo, Porto, do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989 "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo. Do 18 o 29 de Xaneiro de 1996 en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Antonio Fernandez", no Centro Cultural da Guarda, do 1 ao 22 de agosto de 2009.
Reproducciones
"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo" Catálogo da Exposición; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo", Catálogo da Exposición. "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 21.
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 1, páxina 87.