Composición abstracta

- INV:
- 639
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 132 x 99 x 0
- Técnica:
- Mixta/Tea
Comentarios
Crea un espacio pictórico a través dunha degradación de marelos, alaranxados e grises, sobre os que se impón unha forma construída con azul, ráfagas de pintura branca e unha linguaxe metafórica determinada por amontoamentos, granulados e signos, cun contido poético que alude a lonxanías dunha paisaxe ideal con sensacións anímicas que vibran nos xogos da textura.
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade" reproducido co nº 38.
Exposiciones
"Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Reproducciones
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 2, página 281.