Comentarios
Pertence a serie que ten por nome o mesmo título do cadro.
Sobre tres franxas horizontais de distintas cores, recórtanse as proas dos barcos entre as que chorrea unha gota de cor vermella; na parte superior un corpúsculo embrionario; no primeiro termo, dous madeiros en forma de cruz, evocando a vida e a morte como ameaza que pesa sobre as xentes do mar. A división xeométrica da tea, os contrastes cromáticos e a limpeza de execución superan o compoñente literario da composición, imprimíndolle certo aire decorativo.
Exposiciones
"Mario F. Granell". do 8 o 23 de maio de 1986. A Coruña.
Reproducciones
"Mario F. Granell". Catálogo da Exposición.