Comentarios
Formas redondeadas, con estructuras estratificadas, alíneanse cara ó fondo, aumentando gradualmente de tamaño, cun movemento ondulante que logra unha fermosa escenografía, de efecto encantado e misterioso. Coa augaforte, a dúas tintas, acada unha harmonía cromática e uns efectos de clarescuro, con dominio da técnica.