Nocturno

- INV:
- 744
- Año de creación:
- 1984
- Dimensiones:
- 82 x 101 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea
Comentarios
O título é a clave luminosa da composición. Coma se a noite fose entrando pola suposta fiestra do cadro, aparecen árbores, cintas, unha pirámide, un paxaro, puntiños decorativos e un zigzag. Vaise insertando todo co mesmo valor, sen xerarquías, enchendo de sensacións a superficie pictórica que aparece cuberta con auténtico "horror vacui", producindo no espectador a sensación de estar perante visións e murmurios que xorden entre as luces da noite, harmonizadas con morados e mouros, en contrapunto con vermellos, verdes e marelos.EXPOSICIÓNS:
REPRODUCCIÓNS:
BIBLIOGRAFIA:
Bibliografía
F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición"Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Arte galega na Colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº 23. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.