Comentarios
Unha moza campesiña, coa vestimenta típica do traballo cotián, detense a conta-las moedas obtidas pola venda do leite. Con oficio seguro, comprácese en perpetuar un intre, logrando, con gran realismo, unha perfecta captación psicolóxica e ambiental. Emprega unha ampla gamma cromática, na que se impón como nota central o branco, con ramallazos lilas, ocres e grises. Sobre el, destaca a leiteira e a medida de folla de lata, cun excelente efecto. O fondo, dividido en dúas franxas verticais, garda unha estreita relación coa austeridade abstracta de pintores posteriores.:
Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 35
Exposiciones
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.