Comentarios
O volume da escultura imponse con formas depuradas, de perfís suavemente redondeados, evocando a imaxe dunha pomba coas alas despregadas. O artista exprésase con grande refinamento técnico e formal, conseguindo un acabado de inmaculada lisura sobre a que se borra toda a pegada de execución. A luz actúa provocando un xogo de clarescuro que, unido ó veteado da mármore, lle dá plasticidade á obra.