Comentarios
Armando fai o que de verdade lle gusta facer e o que sente. As súas esculturas buscan o sinxelo nunca o estridente. Ao contemplar a peza que temos diante non hai unha certeza visual do que vemos. A figura non é máis ca un pretexto para profundizar nunhas formas simbólicas con certa prospección no máxico e indescifrable, con pregos, curvas, e unha alternancia de texturas nun conxunto con rasgos propios que dan sentido á súa obra.
Bibliografía
Catálogo da exposición de Alfama de 1999 coa obra reproducida.
Exposiciones
“Armando Martínez e Javier Magalhaés” Alfama, Galería de Arte. Madrid, 1999.