El bajista
- INV:
- 9232
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 223 x 243 x 130
- Técnica:
- Madeira de chopo, moqueta, metal
Comentarios
A obra aparece ante nós cun ritmo vivo. Un home espido, de pel pálida, atravesa co brazo unha forma vermella, de aspecto orgánico, apoiada no chan que medra e se expande envolvendo a súa figura que asemade penetra no espacio dunha armazón metálica. O universo que se crea coa figura, as formas e os obxectos alcanza un máximo de dinamismo, de ritmo e acción, pero por moito que se preste á análise intelectual, en termos de equilibrio, harmonía, expresividade, materiais, volumes e significados, non procede a obra dun proceso exclusivamente racional senón que responde máis ben a un impulso interno, a unha forza intuitiva, con certa dose de ironía. Teñen as esculturas de Leiro unhas variacións que non se rexen pola norma senón pola sensibilidade e o instinto. O artista declara que “El bajista” é unha peza alegórica, moi poética na que o personaxe está como atravesando unha nota musical.Bibliografía
F. Pablos entrevista ó autor en FARO DE VIGO 20/4/99; A. Ruiz de Samaniego "Leiro: la pasión del monstruo" en ABC Cultural 8/5/99 coa obra reproducida; Ana B. Gómez en "El Mundo" 11/5/99Exposiciones
Galería de arte contemporánea VIGO, Vigo,1999.
"La escultura gallega en la colección Caixavigo y Ourense. Ultimas incorporaciones" febreiro-marzo 2000, no Centro Cultural Caixavigo e Ourense de Vigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
"1984-2004.Vinte anos de creación artística en Galicia na Colección Caixanova". Do 26 de febreiro ao 28 de marzo 2004.Centro Cultural Caixanova. Vigo.