Comentarios
Explora Patinha con formas sinxelas, inspiradas na natureza, con afinidades orgánicas. Xoga co hermetismo que de por si implica a imaxe da cuncha e coa súa capacidade evocadora na que contan a ambigüidade e a poesía. Carocha é un corpo pechado, semella un animal detido, cerrado sobre si mesmo, coa posibilidade de aparecer e desaparecer periodicamente. Esta maneira de implicar algo que teñen as esculturas de Patinha é inherente ás súas creacións, como o é tamén deixa-la pegada do traballo manual sobre a pel da escultura. Así o podemos apreciar nas liñas que, como costuróns ou cicatrices, atravesan a superficie desta obra, que forma parte desa realidade paralela, froito da imaxinación, que constitúe o particular bestiario do artista.
EXPOSICIÓNS: Auditorio de Caixavigo, poxa a beneficio dos damnificados polo furacán Mitch, 1999.
BIBLIOGRAFÍA: "Pontevedra con Centroamérica", catálogo editado pola Deputación Provincial de Pontevedra, 1999, coa obra reproducida na páx. 53.