Comentarios
No proceso creativo de Francisco Pazos hai sempre unha actitude integradora de valores culturais autóctonos. O bloque vertical de pedra acaba pulido e estreito, cunha zona escavada na que se incrusta unha peza de madeira. É un conxunto harmonioso, rico en suxerencias. O seu antecedente poderiámolo encontrar nos marcos que sinalan as lindes dos terreos ou que serven de guía nas zonas despoboadas, ou nun pedestal cun peto que derivara dos antigos “petos”. Xoga o artista coa combinación de distintos materiais e texturas, así como a cor de pedra que cambia de ton ó sometela ó procedemento de queimado que contrasta co branco do seu estado natural. A imperfección que presenta a pedra nalgunhas zonas, o carácter simbólico que este material encerra, unido á intuición e á marca persoal do artista, fai que a obra se impoña sen indicios cultos nin solemnes senón contando unicamente coa sensibilidade e a intelixencia do que a observa.
Exposiciones
En Madrid, en Galería Fauna´s, febreiro de 1999.