Comentarios
Un recadro negro ponlle límites ó espacio do cadro no que se insertan dous grandes círculos, sutilmente engarzados no centro da composición
No seu interior engloban un cadrado cunha trama reticular, e enriba outro, de material plastificado, sobreposto na pintura. A repetición de formas, a superposición de planos e a progresión de matices trasmítelle un halo poético ó conxunto, harmonizado con verdes, ocres e estreitas zonas sen cubrir, que deixan ve-la urdimbre da tea con mesmo valo expresivo cós pigmentos. A obra forma parte dun proxecto de traballo no que o artista xoga con cadros e retículas.