• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Esquis 3000

ORO CLARO

Esquis 3000
INV:
9255
Año de creación:
1998
Dimensiones:
200 x 80 x 9
Técnica:
Vidro e aceiro inoxidable

Comentarios

O interese do autor céntrase no rastro do home, no que deixa tras a súa presencia, na súa pel, nas súas pegadas e pisadas.

Nesta proposta, o autor presenta, como un alterado e exquisito ready made, uns esquís de cristal habitados por uns pés de metal acompañados duns bastóns de aceiro. A agresividade podería ser a palabra que definiría de inmediato esta obra, translúcida e rotunda á vez, onde o ser humano se intúe a través dos pés de metal que o substitúen coma un fetiche, unha metáfora da súa presencia. A neve e o frío preséntense na textura dura e tersa dos materiais, na transparencia do cristal e a cor agrisada do aceiro que producen sensacións térmicas e anímicas.

A nitidez da peza, o seu reflexo e planitude confírenlle certas connotacións abstractas, a sensación de obxecto ilusorio e simbólico que presenta novas posibilidades de visión, que permite contemplar a fermosura do obxecto nu, a súa realidade, sen que nada alleo a ela interrompa o silencio do discurso.



EXPOSICIÓNS:

"Obxetos. Xurxo Oro Claro". Do 30 de outubro ó 30 de novembro de 1999. Galería Por Amor a Arte, Porto (Portugal).



REPRODUCCIÓNS:

"Obxetos. Xurxo Oro Claro". Ourense, 1999, s.p.

Exposiciones

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Del 21 de marzo al 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Del 26 de abril al 28 de julio de 2002.  Pazo da Cultura. Pontevedra.  Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78