Desnudo de pié
- INV:
- 9281
- Año de creación:
- 1970
- Dimensiones:
- 29 x 11 x 11
- Técnica:
- Bronce á cera perdida
Comentarios
Esta obra de Cristino Mallo, un dos escultures máis importantes da renovación figurativa, é de pequeno formato realizada en bronce, material predominante en toda a súa traxectoria artística e de carácter cotián. As maternidades, xunto coa figura humana, compoñen as series máis importantes dentro da súa obra. Expresións sinxelas e dinámicas con formas que nunca se repiten e que evocan en moitas ocasións a escultura de Maillol.Trátase da figura dunha muller núa que, flexionada, toca coas mans a súa perna esquerda. Un corpo robusto de curvas xenerosas, onde a sinxeleza formal lle permite plasmar sentimentos humanos.
A súa obra, sempre dentro da figuración, caracterízase polo tratamento que realiza do material. Superficies sen pulir que van tomando forma a través dun leve modelado.
A luz incide na súa obra realzando a suavidade do material, captando o ritmo e a harmonía do corpo.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Cristino Mallo" S. Exposicións Centro Cultural Caixanova.Vigo. Do 18 outubro ao 25 novembro 2007.- Centro Social Caixanova.Pontevedra. Do 30 novembro 2007 ao 6 xaneiroo 2008.- Centro Social Caixanova.Ourense. Do 10 xaneiro ao 17 febreiro 2008.- Museo Provincial. Lugo. Do 21 febreiro ao 30 marzo 2008.- Palacio Municipal expos. Kiosco Alfonso. A Coruña. Do 3 abril ao 11 maio 2008.- Colexio de Fonseca.Santiago. Do 15 maio ao 22 xuño 2008.- Sala Antón Rivas Briones. Vilagarcía. Do 26 xuño ao 20 xulio 2008.- Sala Municipao de Exposicións II. Tui. Do 23 xulio ao 31 agosto 2008.