Maternidad
- INV:
- 9282
- Año de creación:
- 1960
- Dimensiones:
- 41 x 28 x 18
- Técnica:
- Bronce á cera perdida
Comentarios
Esta obra de Cristino Mallo, un dos escultores máis importantes da renovación figurativa, é de pequeno formato e está realizada en bronce, material predominante en toda a súa traxectoria artística, e de carácter cotián. As maternidades, xunto coa figura humana, compoñen as series máis importantes dentro da súa obra. Expresións sinxelas e dinámicas con formas que nunca se repiten e que evocan en moitas ocasións a escultura de Maillol.Trátase da figura dunha muller que agarra da man un neno de curta idade. Volumes rotundos de curvas xenerosas, onde a sinxeleza das formas lle permite plasmar escenas cotiás onde abundan os sentimentos humanos.
Estuda a figura humana en actitudes variadas, procurando sempre unha articulación harmoniosa de todas as súas partes. Importancia do tratamento do material, que se caracteriza por superficies sen pulir que van tomando forma a través dun leve modelado.
A luz incide na súa obra realzando a suavidade do material, captando o ritmo e a harmonía do corpo.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición "Cristino Mallo" S. Exposicións Centro Cultural Caixanova.Vigo. Do 18 outubro ao 25 novembro 2007.- Centro Social Caixanova.Pontevedra. Do 30 novembro 2007 ao 6 xaneiroo 2008.- Centro Social Caixanova.Ourense. Do 10 xaneiro ao 17 febreiro 2008.- Museo Provincial. Lugo. Do 21 febreiro ao 30 marzo 2008.- Palacio Municipal expos. Kiosco Alfonso. A Coruña. Do 3 abril ao 11 maio 2008.- Colexio de Fonseca.Santiago. Do 15 maio ao 22 xuño 2008.- Sala Antón Rivas Briones. Vilagarcía. Do 26 xuño ao 20 xulio 2008.- Sala Municipao de Exposicións II. Tui. Do 23 xulio ao 31 agosto 2008.