• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

CARRIER

FRANCISCO LEIRO

CARRIER
INV:
9301
Año de creación:
1998
Dimensiones:
0 x 0 x 0
Técnica:
madeira de chopo

Comentarios

As obras de Francisco Leiro esconden unha historia, unhas veces contada dende un punto de vista cómico ou irónico e outras dende un lado tráxico ou amargo. O uso da metáfora para contar un feito real faise patente nesta ocasión. Unha figura transporta outras dúas, aparentemente mortas, como Caronte, barqueiro de Hades na mitoloxía grega, era o encargado de guiar as sombras errantes dos defuntos dun lado a outro do río Aqueronte se tiñan un óbolo para pagar a viaxe. Este personaxe carrexa outros dous, só que un deles non parece estar morto, no seu corpo apréciase forza nos músculos, flexiónase coma se se quixese incorporar, nunha loita por manifestar que está vivo. A actitude e os xestos dos personaxes demostran distintos aspectos: desolación, tristura, denuncia, confianza, esperanza.

Figuras rotundas, poderosas e monumentais, realizadas en madeira dunha forma ruda, onde se aprecian as texturas que conservan a pegada da gubia, dos machadazos. A rudeza do acabado potencia o expresionismo da escultura. Unha peza que, a pesar da súa monumentalidade, dialoga co espazo sen transgredilo.

Referencias á arte galega, á grandeza de Miguel Anxo, á escultura exipcia, ao expresionismo que Leiro lle arranca á peza cun carácter instintivo, pero con grandes doses de razoamento, deliberación e reflexión.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende decembro de 2007 - febreiro 2008.

Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no  Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.

Reproducciones

Catálogo da exposición "De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova", páxs. 54-55.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78