GUERRERO CON PUERTAS

- INV:
- 9302
- Año de creación:
- 2002
- Dimensiones:
- 145 x 65 x 45
- Técnica:
- ferro fundido e madeira
Comentarios
Esta peza de Francisco Pazos combina materiais que ensambla para suxerir unha figura que recorda o pasado. Un guerreiro que se alza sobre o chan dominando o espazo e a todo aquel que o invade, facéndonos recordar as nosas orixes, a nosa tradición.Formas elementais, sinxelas, onde o material se traballa para extraer del todo o seu potencial e posibilidades. Unha obra que parece esbozada, ruda e descoidada, pero que foi estudada e meditada profundamente. Ensamblaxes meditadas onde as roturas son deliberadas e os materiais constrúen a figura: casco, escudo, coiraza, etc.
Beleza oculta conseguida a través das texturas e da cor. Rugosidades, en contraposición a zonas lisas e pulidas, conseguen provocar cores, sombras e luces que reforzan o acabado da peza.
Exposiciones
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008.