Comentarios
Aparecen unha nena sentada nunha cadeira, e outra de pé, ó seu lado, en actitude de posar para un retrato, no interior dunha habitación na que a profundidade subliña o embaldosado do chan. Luces procedentes de distintas fontes actúan na composición, provocando contrastes con sombras que envolven as figuras nunha atmosfera imprecisa, cun efecto dramático no que a interacción luz-cor, adquire unha fundamental relevancia con harmonía de verdes, alaranxados e marelos.
Reproducciones
En "M.V. de la Fuente", nº 68 da serie "Grandes artistas españoles contemporáneos", de M. García Viñó, D.G.B.A.A. Pamplona, 1973.