Comentarios
Cunha poética expresionista, xestual e decorativa deseña estreitas bandas de cores e unha especie de pantalla de bordos brandos na que se moven figuras que son rostros con profundas miradas e bocas medio abertas dispostas a berraren, entre gotas, manchas, salpicaduras e trazos de ritmo envolvente e entrecruzado, con cores que estalan en marelos, azuis, vermellos, verdes e brancos, configurando un todo orgánico vivo cun expresionismo de afinidades saurianas.
Bibliografía
"Mercedes Ruibal", Graciela Baquero, na páx. 16. F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"Mercedes Ruibal" Antolóxica, outubro e novembro de 1993, na Casa das Artes, Vigo. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo,
outubro, 1996
Reproducciones
"Mercedes Ruibal", Catálogo da Exposición, na carátula da portada e na páxina 54. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición co nº 15.