Asóciate e goza de ser +60!

O programa «Coñecendo as emocións», co-deseñado a través dun innovador proceso con persoas maiores socias dos Espazos +60 Afundación, ten por finalidade comprender o proceso emocional e aprender estratexias sobre como xestionar as nosas emocións na vida cotiá. A súa primeira implementación tivo lugar entre os meses de febreiro e maio do ano 2022, en 10 localidades de maneira simultánea.

Coa finalidade de coñecer a súa efectividade, desde Afundación decidimos levar a cabo unha avaliación do seu impacto nas persoas participantes na edición pasada. Os resultados desta avaliación demostran que, mediante o programa proposto, se pode intervir ao mesmo tempo de forma preventiva sobre a mellora das competencias emocionais e os niveis de benestar psicolóxico, e tamén de forma reparadora sobre algún tipo de dificultade que nestas dimensións experimentan algunhas persoas nun momento dado. Neste documento preséntanse as características do programa, os perfís das persoas participantes, así coma os resultados obtidos na avaliación.

Informe de resultados

Resumen Executivo