
Aluguer de espazos
Contamos cunha extensa rede de centros que poñemos á túa disposición para che ofrecer un alugueiro total ou parcial, se representas a unha empresa, institución ou se es un particular. Situados no centro neurálxico das principais cidades galegas, estes espazos están equipados coas últimas tecnoloxías para levar a cabo presentacións en prensa, congresos, exposicións, concertos, conferencias, actos sociais etc. Ademais, son idóneos polo seu emprazamento, accesibilidade e comodidade.
Completamos o servizo con prestacións como a concepción e realización de material promocional ou a total organización do evento. Estaremos encantados de atenderte en todo momento.