• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA en Vigo
  • 31-03-2022 31-03-2022 Concerto ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA en Vigo Xa podes coller as túas entradas soltas en Ataquilla.com da Tempada de Abonos Afundación 2022. Director: Michal Nesterowicz; Violín: Philippe Quint Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    31 MAR 2022

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

*O director Thierry Fischer vese na obriga de cancelar a súa aparición neste concerto por enfermidade, substituíndoo Michal Nesterowicz. Ademais, do programa elimínase a obra de Murail, quedando só o concerto para violín de Korngold e a 1ª de Sibelius. 

 

As túas entradas en Ataquilla.com 

 

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

Director MICHAL NESTEROWICZ

Violín PHILIPPE QUINT

  
I
ERICH WOLFGANG KORNGOLD (1897-1957)
Concerto para violín, en re maior, op. 35
I. Moderato nobile
II. Romance
III. Allegro assai vivace


II
JEAN SIBELIUS (1865-1957)
Sinfonía núm. 1, en mi menor, op. 39
I. Andante ma non troppo-Allegro enérgico
II. Andante. Ma non troppo lento
III. Scherzo. Allegro
IV. Finale

 

Este concerto enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámoste a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.

Entra aquí e infórmate!

 

COMENTARIOS AO PROGRAMA

ERICH WOLFGANG KORNGOLD (1897-1957)
Concerto para violín e orquestra en re maior, op. 35

Fillo dun reputado crítico musical vienés, Korngold destacou desde cativo por unhas extraordinarias dotes para a composición que lle granxearon a admiración de Mahler, Strauss e outros autores. En 1920, con só vinte e tres anos, obtivo un rotundo triunfo coa ópera A cidade morta. O recoñecemento da súa figura aumentou aínda máis e daquela emprendeu unha carreira como director e pianista, sen abandonar as tarefas de composición. Porén, o estilo opulento, abertamente tardorromántico, que caracterizaba a súa escrita foi quedando un tanto desfasado e perdeu aceptación en favor da música vangardista. O empeoramento da situación política, co ascenso do movemento nazi, levouno a se instalar en Hollywood en 1934, onde comezou unha aplaudida traxectoria no eido da música para cinema. Alí, en colaboración co director Max Reinhardt, atopou o camiño ideal para dar renda solta a unha linguaxe que en Europa xa non se admiraba como a comezos da década anterior.

Tras o remate da Segunda Guerra Mundial, volveu a Europa, abandonou a música cinematográfica e regresou ao mundo orquestral sen renunciar nunca a un estilo persoal que tiña perdido o favor do público. Nesta liña, compuxo o Concerto para violín, cumprindo, tras moitos anos, os desexos do violinista Bronisław Huberman, quen non puido facerse cargo da estrea e recalou en Jascha Heifetz, que a levou adiante en St. Louis, o 15 de febreiro de 1947. Dedicado a Alma Mahler, está escrito na mesma tonalidade que grandes concertos para violín como os de Beethoven, Brahms ou Tchaikovsky e, igual que eles, consta de tres partes. O romanticismo da música lembra os reputados traballos de entreguerras do autor, mais, neste caso, o peso da melodía é maior grazas a que utiliza varios temas tirados directamente de bandas sonoras que escribira nos seus anos de Hollywood.

O concerto ábrese cunha melodía expresiva a cargo do solista tomada do filme Outro amencer (1937). Tras unha transición chea de pasaxes virtuosas, introdúcese o segundo tema, de carácter melancólico, adaptado de Juárez (1939), desenvolvéndose e alternándose ambos no medio dun rico lirismo. O ar nostálxico mantense no movemento lento, onde Korngold utiliza o motivo principal de Anthony Adverse (1936), aquí desenvolvido en tres partes e cunha sección central con harmonías que aportan un chisco de misterio. Para o esixente finale optou por un tema da celebrada longametraxe O príncipe e o mendigo (1937), dándolle a forma de tema con variacións, mais disfrazándoo como unha forma sonata cun segundo tema contrastante e rematando nun virtuoso clímax.

 

JEAN SIBELIUS (1865-1957)
Sinfonía nº 1 en mi menor, op. 39

Desde os seus anos de estudante en Berlín e Viena, Sibelius amosou un grande interese pola música sinfónica, en especial a de Bruckner, Wagner e Beethoven. A súa primeira experiencia como compositor neste eido chegou en 1892, cando xa regresara á súa Finlandia natal, con Kullervo, unha obra para orquestra, solistas e coro baseada en textos do poema épico Kalevala que o autor nunca quixo considerar como unha sinfonía e que mesmo retirou dos programas pouco despois da súa estrea. Mais non foi ata 1898 cando por fin se decidiu a acometer a creación do primeiro chanzo dun ciclo que rematou sendo de sete sinfonías e que o converteu nun dos grandes nomes do xénero de comezos do século XX, contribuíndo ademais a aumentar o recoñecemento internacional da música finesa. Daquela, o país formaba parte do Imperio ruso, mais xa agromaba un activo movemento nacionalista que se opuña á rusificación imposta polo tsar Nikolai Romanov e ás políticas abolicionistas da autonomía cultural e administrativa con que aínda contaba o ducado.

A idea inicial de Sibelius fora a dunha sinfonía programática en catro movementos, tomando como modelo a Berlioz, mais o proxecto rematou por se converter nunha obra con forte influencia rusa –fundamentalmente de Tchaikovsky e Borodin- que, sen renunciar por completo á forma sonata, incorpora elementos que rematarán por ser moi característicos da persoal linguaxe do autor. Estreouse en Helsinki o 26 de abril de 1899 nun concerto no que tamén se presentou o Canto dos atenienses, unha peza coral de mensaxe patriótica que foi moi ben recibida polo público. Posteriormente sufriu algunhas modificacións que remataron na versión definitiva, interpretada en Berlín o 18 de xullo de 1900.

A sinfonía comeza dunha forma moi orixinal, cunha solitaria melodía do clarinete sobre un suave redobre do timbal, que supón o eixo do primeiro movemento. A seguir chega un vigoroso tema inicial a cargo das cordas e outro, máis lixeiro, que é presentado polas frautas tras unha introdución das cordas e a arpa. Sempre coa presenza dos potentes metais, o desenvolvemento vai conducindo a un brillante final que, porén, sorprende pola aparición de dous acordes en pizzicato. O poético Andante, en forma tripartita, é intensamente romántico e nel é evidente a influencia de Tchaikovsky, aínda que o motivo central para o fagot é tipicamente sibeliano. O scherzo está marcado polo ritmo ostinato que impoñen os timbais e que só se creba no tranquilo trío central. No finale reaparece o tema co que se abriu a sinfonía, agora presentado polas cordas nunha atmosfera predominantemente tráxica. Un segundo motivo, máis lírico, vai levando a unha turbulenta sección de desenvolvemento e a unha conclusión resignada moi semellante á do primeiro movemento.

Sociedad Filarmónica de Vigo – Martín Fernández


 

MICHAŁ NESTEROWICZ
Director

É moi apreciado polas súas actuacións dinámicas e elocuentes nas súas interpretacións de repertorio sinfónico. Fai pouco debutou coa Orquestra do Concertgebouw de Ámsterdam, a Konzerthausorchester de Berlín, Sinfónica de Fráncfort e a Tonkünstlerorchester. Nesterowicz abriu a tempada 2021/2022 coa Sinfónica de Oulu, que seguiu con actuacións coa Sinfónica de Gävle, a Orquestra de Haydn de Bolzano e a Filharmónica de Silesia cun programa de temática polaca con obras de Fitelberg e Karłowicz. Outros compromisos importantes inclúen concertos coa Musikalische Akademie Mannheim, a Filharmónica de Varsovia, a Ópera de Malmö, a Sinfónica da Rexión de Murcia, a Sinfónica de Aarhus así coma o seu debut no Xapón coa Sinfónica de Kioto.

Na tempada pasada continuou a súa relación como principal director convidado de The Arthur Rubenstein Philharmonic Łódź e volveu dirixir a NDR Elbphilharmonieorchester, Szczecin Philharmonic Orchestra, Sinfónica de Malmö e a Orquestra Ciudad de Granada. Destacan tamén os seus compromisos con Het Gelders Orkest, Orquestra Nacional de Lille e Polska Filharmonia Bałtycka Gdańsk.

Nesterowicz apareceu en varias ocasións á fronte da Tonhalle-Orchester de Zúrich, a Filharmónica de Múnich, a Filharmónica de Niza, a Sinfónica de Taiwan, a Sinfónica de Singapur e a Filharmónica de Liverpool. Tamén traballou coa WDR Sinfonieorchester Köln, Deutsches Symphonie-Orchester de Berlín, a Orquestra Gulbenkian, Filharmónica de Luxemburgo, Filharmónica de Búfalo, Filharmónica de Copenhague ou a Orchestra della Svizzera italiana, entre outras.

Ademais, foi gañador do Concurso Europeo de Dirección Orquestral de Cadaqués en 2008 e un dos premiados do 6º Concurso Internacional de Dirección Grzegorz Fitelborg de Katowice.

Michal Nesterowicz
Michal Nesterowicz
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078