
Accesos
Autobuses. Liñas 1, 1A, 2, 3, 3A, 4, 7, 17, 23 e 23A. Máis información da estación de autobuses da Coruña.
Estación de tren. R/ Joaquín Planells Riera s/n, A Coruña, 15007- A Coruña. Máis información da estación de trens da Coruña.
Aeroporto. Distancia 10 km. Máis información do aeroporto de Alvedro da Coruña.
Máis información en socioculturales@afundación.org
Tarifas da SEDE AFUNDACIÓN A CORUÑA | PDF 317 KB
Se precisas máis información, ou se queres reservar algún espazo, contacta connosco no 981 185 060 ou no correo-e [email protected]
Visita virtual Sede Afundación A Coruña
Espazos e Salas disponibles
Características
O edificio, sede do Padroado de Afundación, é un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw. Achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia. O seu deseño aseméllase á crista dunha onda mariña internándose nos Cantóns e rompendo nunha fachada de cristal retroiluminada; supón unha reinterpretación das características galerías da Mariña. Este edificio, xa coñecido como «A onda de cristal», combina dous materiais con gran plasticidade —o pétreo, de longa tradición na arquitectura galega, e o metálico—, outorgando protagonismo á luz cenital.
Concibido como centro sociocultural de referencia, nos seus 7692 m2, cunha orixinal e eficiente distribución, dispomos de espazos equipados coa máis avanzada tecnoloxía para celebrar exposicións, espectáculos, simposios, conferencias e un amplo abano de actividades e obradoiros; ademais, o centro conta con cafetería propia.
O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeu en 2006 a esta construción un dos premios European Awards, que distingue o traballo realizado por membros do RIBA en todo o mundo. Trátase dun edificio 100 % accesible e que conta coas certificacións ISO 14001 e Emás.
A Sede Afundación, que xestionamos un equipo de excelentes profesionais con ampla experiencia na organización de actos, é un lugar único para celebrar de xeito exitoso os teus eventos e xuntanzas de traballo.
Servizos
Planta baixa
- Recepción
- Tenda
- Dispensadores de entradas
- Aseos
Horarios
Localización
Ver mapa más grande
Contacto