
Sendo conscientes da situación excepcional na que se atopa a poboación Ucraina poñemos en marcha, en colaboración Con ABANCA, unha campaña solidaria co obxectivo contribuír a paliar a crise humanitaria provocada pola agresión militar que está a sufrir o país.
Entre as medidas postas en marchas desde xa destacamos:
-
Poñémonos ao dispor de todas as asociacións culturais, colectivos sociais ou clubs deportivos galegos para axudarlles a canalizar as iniciativas de axuda ao pobo ucraíno que poidan xurdir. Os interesados poden escribir ao correo electrónico [email protected].
-
Habilitamos unha conta solidaria propia co fin de recadar fondos destinados a Save the Children e Cruz Vermella para atender as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo conflito. Se desexas colaborar podes realizar un donativo sen ningún tipo de comisión na conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122.
Tamén serán gratuítas todas as transferencias que se realicen a Ucraína desde as contas de ABANCA.
-
En colaboración con ABANCA, cedemos e habilitamos unha nave de 1.000 metros cadrados ubicada no Polígono de Pocomaco (A Coruña) á Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína). A organización, creada a raíz da crise humanitaria, ten como obxectivo recoller e enviar axuda material ao país, así coma facilitar a chegada e acollida de persoas refuxiadas.
-
Desde o comezo do conflito, en colaboración con AGA-Ucraína e distintas compañías do sector agroalimentario, e adaptando a tal fin o noso programa Cultura por Alimentos, enviamos 92 toneladas de material de primeira necesidade, fretando 4 camións.
-
A través do noso programa Quedamos no palco, quedamos coa clásica, facilitamos a integración na sociedade galega de 14 estudantes ucraínas con bolsa Erasmus, residentes en Vigo e que cursan os seus estudos no Conservatorio Superior de Música da cidade.
- Durante os meses de xullo e agosto, poremos ao dispor de nenos e nenas ucraínos que o necesiten as instalacións da nosa residencia de estudantes de Pontevedra , que conta con 140 plazas. .
- Acolleremos, nos nosos teatro e sedes eventos solidarios co obxectivo de recadar fondos destinados a esta campaña solidaria con Ucraína.
-
Campaña solidaria de apoio á cidadanía de Ucraína
Afundación e ABANCA iniciamos unha campaña solidaria de apoio ao pobo ucraíno. Descubre as iniciativas