-
Afundación, IGAFA e a Confraría de pescadores de San Xulián retiran 10 toneladas e media de lixo mariño na illa de Arousa
A acción forma parte de PLANCTON, o plan de conservación territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA que este ano está na súa quinta edición
Os residuos foron recollidos por un xestor autorizado contratado para elo, quen se encargará do seu correcto tratamento
-
Afundación propón descubrir a comicidade agochada na natureza na súa nova exposición en Ourense, «Comedy Wildlife»
A mostra reúne 70 fotografías recoñecidas entre 2015 e 2024 polo premio homónimo, que fai unha chamada de atención sobre a necesidade de protexer a natureza distinguindo cada ano as instantáneas máis divertidas da fauna feitas no planeta
A proposta enmárcase no compromiso da Obra Social de ABANCA para promover na sociedade maneiras de actuar responsables co medio ambiente
-
Afundación, ABANCA e o Concello do Porriño inauguran a exposición «Castelao grafista (facsímile)»
No marco da conmemoración no 2025 do Ano Castelao, Afundación homenaxea o insigne intelectual e político rianxeiro con esta mostra, incluída no seu programa «Corrente cultural», desenvolvido en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos galegos
Poderase visitar ata o 19 de marzo no Centro Cultural Municipal do Porriño
-
Quen ve a xubilación como unha oportunidade e se prepara para ela, adáptase máis facilmente á vida posterior á etapa laboral
A Cátedra ABANCA – Afundación / ICADE presenta o estudo Lonxevidade, cambios biográficos e benestar: a transición á xubilación, que explora as implicacións nas persoas da fin da fase profesional
-
Víctor Pablo Pérez dirixe a Sinfónica de Galicia no segundo concerto da Tempada de Abonos de Clásica do Teatro Afundación
O director honorario da agrupación orquestral levará a batuta nunha sesión musical na que soará a Sinfonía nº 2 en do menor de Anton Bruckner
-
Voluntarios da Asociación Down Coruña e do Espazo +60 Afundación retiran máis de 140 quilos de lixos mariños da praia do Orzán
A xornada foi organizada no seo de PLANCTON, o plan de conservación territorial impulsado pola Obra Social de ABANCA
-
A Real Filharmonía volve sobre tres grandes compositores do romanticismo, Debussy, Liszt e Raff, no Teatro Afundación de Vigo
O pianista ucraíno Vadym Kholodenko acompaña como solista á formación musical compostelá no terceiro concerto da Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo
-
Naturnova celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun mes cheo de actividades
Hai preto de 900 inscritos para participar na didáctica sobre mulleres científicas como Nzambi Mtee ou Minia Manteiga, sobre cuxas vidas e labor científico tamén se deseñou unha exposición
Desde a Área Educativa de Afundación tamén se deseñaron uns contos que se entregarán ao público xeral e en centros educativos
-
ABANCA, Afundación e o Concello de Monforte de Lemos asinan un convenio de colaboración cultural
A iniciativa recolle o proxecto expositivo «Auga. O sangue da terra», do fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel, que se poderá visitar a partir do 19 de febreiro no Espazo +60 Afundación da localidade
-
María Galiana interpreta a unha nai maltratadora en A raíña de beleza de Leenane, dentro da Tempada de Abono do Teatro Afundació
Dirixido por Juan Echanove, o espectáculo retrata unha complexa e tóxica relación entre a proxenitora e a súa filla na casa familar no rural irlandés
O texto, ópera prima Martin McDonagh, serviulle ao dramaturgo e cineasta para irromper con forza no panorama teatral británico en 1996
-
O drama A raíña de beleza de Leenane sobre a relación entre unha nai e a súa filla inaugura a Tempada de Abonos de Teatro
As actrices María Galiana e Lucía Quintana están á fronte do elenco do espectáculo, dirixido por Juan Echanove
O texto, ópera prima Martin McDonagh, serviulle ao dramaturgo e cineasta para irromper con forza no panorama teatral británico en 1996
-
Afundación combina a aprendizaxe do inglés na súa programación escolar coa representación en Ourense de My Funny Frankenstein
A representación será o vindeiro luns 10 de febreiro con dúas funcións, ás 10.00 e ás 12.00 h, no Auditorio Municipal de Ourense
A Obra Social de ABANCA promove a través desta proposta unha programación na que o lúdico se conxuga coa aprendizaxe do inglés a través dun contido de fortalecemento de valores e coñecementos
-
Afundación conclúe o concurso Pasaporte Simultánea coa entrega do premio na súa sede de Lugo
Os participantes debían acreditar que visitaron tres ou máis das salas da exposición «Simultánea» repartidas polas sete cidades galegas mediante un selo no seu Pasaporte Simultánea
O lucense Xosé Luis Louzao Martínez, quen visitou catro das sete salas, resultou ser o gañador e recibiu un catálogo da mostra e un gravado do artista Héctor Francesch
-
Siro percorre a historia autonómica de Galicia nunha mostra do Parlamento de Galicia na Sede Afundación da Coruña
Trátase dunha mostra organizada polo Parlamento de Galicia en colaboración con La Voz de Galicia e Afundación, a Obra Social de ABANCA
O groso da mostra está conformado polas viñetas publicadas por Siro López en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006, xunto con pezas da primeira lexislatura autonómica e unha decena de debuxos inéditos sobre os anos máis recentes da política galega
-
Estudantes vigueses participan na IX edición do proxecto interxeracional de Afundación «Fálame da emigración»
Un estudo de avaliación dos programas interxeracionais da Obra Social de ABANCA ratifica a súa contribución significativa a reducir os estereotipos sobre o envellecemento.
Integrado na liña estratéxica «O valor de a experiencia» da Área de Maiores de Afundación, «Fálame da emigración» propicia a celebración de encontros entre maiores e mocidade para dialogar e compartir experiencias sobre a emigración
-
O Xapón, Islandia e Uzbekistán, entre os destinos do programa de viaxes de ocio e cultura de Afundación para maiores de 55 anos
Os participantes poderán visitar un total de 11 destinos entre os meses de marzo e decembro
A programación de viaxes da Obra Social de ABANCA, unha actividade altamente demandada, enmárcase nas propostas de ocio activo e relacional promovidas pola entidade
-
Os programas interxeracionais de Afundación contribúen a reducir os estereotipos negativos sobre o envellecememento
I Un estudo de avaliación sobre «Fálame da emigración» e «Falamos da escola» da Obra Social de ABANCA ratifica a súa capacidade para achegar a persoas de diferentes xeracións e subliña a necesidade de promover proxectos interxeracionais que contribúan a unha maior cohesión social
I Este mes de febreiro comeza unha nova edición coa participación inicial de 12 centros de toda Galicia
I Integrados na liña estratéxica «O valor da experiencia» da Área de Maiores de Afundación, os programas propician a celebración de encontros entre maiores e mocidade para dialogar e compartir experiencias sobre a emigración e os sistemas educativos
-
Afundación renova o seu Padroado, o máximo órgano da entidade, que inicia un mandato de cinco anos
I A sesión constitutiva tivo lugar esta mañá na Coruña, sede social da Obra Social de ABANCA
I Afundación, que celebrou en 2024 o seu décimo aniversario, inicia unha nova etapa de consolidación do seu proxecto orientado a unha innovación sustentada na axilidade, proximidade e flexibilidade, e desde un decidido compromiso coa implicación social e educativa
-
O Teatro Afundación programa no mes de febreiro unha media de 3 espectáculos por semana
I Música clásica, cinco monólogos e obras teatrais, e tres concertos de música popular, forman parte dunha oferta cultural que inclúe concertos de Guadi Galego, Luar na Lubre, a Real Filharmonía de Galicia, a OSG e a Orquesta Clásica de Vigo
I María Galiana e Lucía Quintana estarán á fronte do elenco da obra irlandesa A raíña da beleza de Leenane, coa que continúa a Tempada de Abonos de Teatro da Obra Social de ABANCA en Vigo
-
O Colegio Hogar Afundación inicia a súa XVIII Semana Técnica para achegar ao seu alumnado á realidade laboral
I Desenvolverase entre o 3 e o 7 de febreiro e contará coa participación de profesionais de empresas de toda España
I A programación combinará xornadas de relatorios, demostracións e mesmo visitas técnicas a empresas
I Con máis de 75 anos de traxectoria, o Colegio Hogar Afundación é o centro de referencia para seguir construíndo futuro